Grupos permanentes

O obxectivo principal de AECPA é o de promover o desenvolvemento da Ciencia Política e da Ciencia da Administración, fomentar as súas investigacións e impulsar a cooperación científica e profesional entre investigadores/as, profesorado, estudosos/as e especialistas da materia (Artigo 1º).

En liña con este obxectivo se crean grupos permanentes para facilitar o intercambio de coñecementos entre investigadores/as que teñen especial interese nun ámbito determinado da ciencia política e dar visibilidade ás súas actividades académicas.

Os grupos permanentes son grupos temáticos que se articulan en áreas xerais da ciencia política e da administración para un período de tempo más amplo que o dun congreso de AECPA; teñen un número de membros variable pero cun núcleo mínimo de 15 persoas de polo menos tres institucións diferentes; os seus membros son socios de AECPA; e as súas actividades inclúen a xestión dunha lista de correo para intercambiar información sobre convocatorias, conferencias, becas, proxectos de investigación e publicacións de interese para os membros do grupo, e a coordinación das propostas de mesas para os congresos de AECPA.

A organización e coordinación dos grupos permanentes non é responsabilidade de AECPA: os grupos auto-organizaranse e tomarán as súas decisións sobre a maneira de elixir aos seus coordinadores/as e de xestionar o grupo.

Como rexistrarse como membro dun grupo permanente que xa existe?

Enviar un correo ás/ós coordinadoras/es do grupo permanente que centralizarán as novas altas na lista de distribución.

Como propoñer un novo grupo permanente de AECPA?

Calquera persoa socia de AECPA pode propoñer o establecemento dun novo grupo permanente. Terá que enviar por correo electrónico unha solicitude á secretaría de AECPA coa seguinte información (1500 palabras máximo): nome do grupo proposto e descrición da área temática proposta, cunha explicación das razóns polas que se considera necesario crear un novo grupo permanente; unha descrición das actividades propostas por parte do novo grupo; os nomes de 1 ou 2 coordinadores/as e das persoas que queiran formar parte do grupo; a XD de AECPA, unha vez enviada a proposta aos/ás coordinadores/as dos grupos existentes e recibidas as súas opinións decidirá se establecer un novo grupo permanente. AECPA valorará positivamente o carácter máis xeral e inclusivo dos grupos co obxectivo de evitar a excesiva fragmentación de grupos e a existencia de moitos grupos pouco activos.

Listado actual de grupos permanentes:

  • Elites, Partidos e Actores Políticos
  • Xénero e Política
  • Institucións Políticas
  • Intelixencia e Análise Estratéxica
  • Política Comparada no Magreb e Oriente Próximo
  • Políticas e Xestión Pública
  • Teoría Política